Thursday, October 11, 2012

Datos sobre internet


INTERNET

Internet é unha rede de redes interconectada entre sí. Representa un acceso a un grande conxunto de servizos, que cobren distintas categorías. En concreto son tres:
O primeiro de todo que nos aporta Internet é a información. Información solicitada pola sociedade, qran consumidora. É o centro neurálxico da documentación. Internet tamén comunica e nos comunica os ordenadores, e polo tanto, tamén ós usuarios. Podemos compartir todo tipo de archivos posibles ( textos, ficheros, son , voz, imaxes..). Ofrécenos recursos informáticos necesarios, desde elementos propios dos ordenadores, como son o software ou o hardware. Por último, toda a información utilizada polo ordenador está debidamente expresada e clasificada mediante os seus mecanismos singulares. Converte a información en bits, e aquí interrelaciónanse os medios de comunicación, cos seus determinados canles de información.
En canto á súa orixe, foi militar e nace en plena época da denominada guerra fría (1956, lanzamento do Sputnik polos soviéticos, adiantándose aos Estados Unidos).
Os EE.UU apoiaron a posta en marcha de APAENET, para controlar os ordenadores dos inimigos, para salvalguardarse de calquera ataque que poideran sufrir os sistemas de comunicación por parte dos soviéticos.
A primeira conexión tivo lugar en outubro de 1969, e estableceuse en catro nodos: o primeiro instalouse na Universidade de UCLA, nos Ánxeles (California), o segundo na Universidade de Stanford, o terceiro na Universidade de Santa Bárbara e o cuarto, na Universidade de Utah.
En 1986 nace NFSnet, para por en contacto ás Universidades. A orixe militar desvanécese. Pasou a ser un instrumento universitario e dedicado ó eido da investigación. Nos noventa o cidadán xa goza tamén da rede das comunicacións. Existen varios tipos de redes:
1)      Redes de área local (LAN, Local Area Network). Abarcan unha zona non demasiado grande (edificio dunha empresa, un campus universitario, etc.).

2)      Redes de área extensa (WAN, Wide Area Network). Comprenden rexións máis amplas que poden abarcar países (rede de ordenadores dunha liña área ou dun banco). A través deste tipo de redes pódense conectar redes de área local situadas en lugares xeográficamente lonxanos.

3)      INTRANETS "son redes corporativas privadas, en xeral, baseadas na tecnoloxía e servicios propios de Internet que poden ser adaptadas ás necesidades e características propias de cada organización". Podería ser sinónimo de rede de área local, usada para conectar entre sí equipos informáticos dunha organización ou empresa.

Tamén temos distintos tipos de ordenadores: 

1)      ORDENADOR LOCAL

É o ordenador no que o usuario comeza a súa sesión de traballo e que usa para entrar na rede. É o ponto de partida desde o que se establecen as conexións con outros ordenadores.
 

2)      ORDENADOR REMOTO
É o ordenador co que o usuario establece contacto a través da rede, ós que se solicitará un servicio ou ós que se lles envía calquera tipo de información e que pode estar situado en calquera parte do mundo.
3)      Host

É calquera ordenador conectado á rede e que dispón dun número IP. É dicir, calquear ordenador que poida enviar e recibir información a de outro ordenador.

-      O primeiro ordenador electrónico dixital, ENIAC, data de 1946 e ocupaba toda unha habitación. Estivo en funcionamento ata 1955. En 1944, uniuse ao proxecto o matemático John von Neumann.

-      Entre 1947 e 1948, na Universidad de Manchester construeuse o Manchester Mark 1 (the baby), pensado para demostrar o potencial de almacenamento, polo que se considera a primeira computadora que funcionaba con memora RAM. En 1981, apareceu o primeiro ordenador de sobremesa da mán de IBM.

Para o correcto funcionamento en rede existen unha serie de protocolos, que conectan unas redes con outras:
 
TCP:(Protocolo de Control de Transmisión) tecnoloxía ou modelo que se encarga de dividi-la información en paquetes de tamaño axeitado, numerar estos paquetes e engadir certa información extra  necesaria para a transmisión e posterior decodificación do paquete. A transferencia de información dun ordenador a outro non se fai dunha soa vez, senón que se divide en paquetes pequenos. Así os recursos da rede non son monopolizados.

TCP/IP: Control dos paquetes. A IP é a información propia do ordenador, o seu DNI, por así dicilo.
 
Estes enderezos están formados por catro números enteiros separados por puntos, cada un dos que pode tomar valores entre 0 e 255. (133.44.230.25). Neste momento trabállase sobre a versión IPv6 (4.000 millones de direcciones IPv4 que se están agotando). Encargado de controlar o envío de datos.

DNS: (Sistema de Nombres por Dominio). Ademáis do número IP, hay outra forma de identificar cada ordenador/host ou anfitrión, máis doada de recordar. Son como alias dos enderezos IP. Permite sabe-la situación xeográfica, a pertenza ou o propósito do ordenador encuestión, gracias ó sistema de nomes por dominio. O sistema DNS aparece en 1983.

Temos distintos dominios:

Dominios de primer nivel: É o organismo internacional que regula a asignación de enderezos e nomes de dominio.

Dominios xenéricos: Que se otorgan a empresas e/ou persoas de todo o mundo: .com (comerciais), .net (rede), .org (organizacións), .gov (governo EEUU), .edu (educación EEUU), .mil (militares EEUU), .biz (negocios), .pro (profesionais liberais), .name (páxinas persoais ou individuais), .aero (industria aeronáutica), .info (alternativa á terminación .com), .coop (compañías eléctricas e bancos locais), .museum (para este tipo de institucións).

Dominios territoriais: Que indican o ámbito territorial, o país donde procede a páxina.

En España a primeira conexión realízase en 1990 (Telefónica). A partir de 1991 o acceso á rede funcionaba con normalidade.

 

No comments:

Post a Comment